Móbil
Bloqueo de chamadas
Unha app de bloqueo de chamadas silencia ou rexeita as que non queres antes de que soen.
Con que axustala
- Pon unha regra por prefixo: os números que empezan por 400 son chamadas comerciais e podes silencialos.
- Desconfía dun 400 que di ser o teu banco, a túa operadora ou un organismo: esas entidades aténdente por 800, 900, fixos ou números curtos, e os 400 non reciben chamadas.
- Deixa pasar os teus contactos e os números aos que ti chamaches.
- Se queres, activa o aviso de «número oculto» ou «sen identificar».
Que evitar
- Apps que piden ler todas as túas mensaxes ou os teus contactos para «identificar» quen chama.
- Apps que che cobran por desbloquear o básico ou que non din que fan coa túa lista de contactos.
Máis en: Guía do prefixo 400.
Móbil · Peme
App de códigos dun só uso
Xera o código de seis cifras da segunda verificación sen recibilo por SMS.
Con que axustala
- Úsaa no correo, no banco e nas contas de traballo.
- Fai unha copia cifrada das contas e gárdaa fóra do móbil.
- Garda os códigos de recuperación de cada conta nun sitio á parte.
- Bloquea a app coa túa pegada ou co teu código.
Que evitar
- Facerte a copia nun ficheiro sen cifrar na nube.
- Facer unha captura de pantalla do código QR de alta e deixala na galería.
- Dar o código de seis cifras a quen che chama: ninguén lexítimo cho pide.
Móbil · Casa
Bloqueo de rastreadores
Corta as conexións a servidores de publicidade e de seguimento, no móbil ou para toda a casa.
Con que axustala
- Empeza cunha lista estándar e non a cambies ata ver que se rompe.
- Para toda a casa, un filtro no rúter protexe tamén a tele e os aparellos que non se poden configurar.
- Anota que cambias, para poder desfacelo se unha web ou unha app deixa de funcionar.
Que evitar
- Amontoar varias ferramentas á vez: pisanse e custa saber cal rompeu que.
- Pensar que bloquea as estafas: quita seguimento, non avisa dunha mensaxe falsa.
Máis en: Filtro para toda a casa.
Móbil
Devasa sen root
Déixache decidir que apps poden saír a internet, sen modificar o sistema do móbil.
Con que axustala
- Corta o acceso a internet ás apps que non o necesitan (unha lanterna, un editor de fotos sen nube).
- Revisa as conexións que se intentan facer e quita as que non entendas.
- Déixao activo sempre: se se apaga, non protexe.
Que evitar
- Dar permiso de «VPN» a unha app que non saibas de onde vén: unha devasa deste tipo mira todo o teu tráfico.
- Facer root ou liberar o móbil para ter unha devasa «máis potente».
Casa · Peme
Copias de seguridade
Unha copia do importante fóra do aparello, para recuperarte dun roubo, un fallo ou un secuestro de ficheiros.
Con que axustala
- Garda polo menos unha copia que non estea sempre conectada.
- Cifra a copia e garda a chave á parte.
- Proba a recuperar un ficheiro da copia de vez en cando: unha copia que non se probou non vale.
- Nunha peme, apunta quen a fai, cada canto e onde queda.
Que evitar
- Deixar a única copia no mesmo ordenador ou nun disco sempre enchufado.
- Copiar sen cifrar datos de clientes.
Máis en: Copias de seguridade.
Casa · Peme
Acceso remoto sen abrir portos
Entrar no teu ordenador, no teu disco en rede ou na oficina desde fóra sen deixar portos abertos cara a internet.
Con que axustala
- Prefire un acceso que sae desde a túa rede cara a fóra, en vez de abrir un porto no rúter.
- Activa a segunda verificación na conta do acceso e usa unha conta por persoa.
- Dá acceso só ao que cada persoa necesita e quítao cando se vaia.
- Mira de vez en cando quen entrou.
Que evitar
- Abrir o escritorio remoto ou o disco en rede directamente a internet.
- Compartir unha mesma conta entre varias persoas.
- Instalar un programa de acceso remoto porque alguén cho pide por teléfono.
Máis en: Acceso remoto sen portos.