Esta conta publicouna quen che cobra?
Busca unha conta (IBAN), un teléfono ou o dominio dunha empresa. Dicímosche se o publicou quen xestiona o dominio dunha empresa, verificado por DNS, e, se é un organismo ou unha gran empresa, os seus teléfonos oficiais.
Tes unha empresa?
Publica gratis as túas contas para cobrar e os teus teléfonos desde o panel de empresa: entras co correo do teu dominio e verificas cun rexistro DNS. Se marcas que son todas as túas contas, Comprobar avisará os teus clientes cando unha mensaxe enviada desde o teu dominio traia outra.
Preguntas frecuentes
Que é o rexistro verificado?
As contas para cobrar, os teléfonos e o WhatsApp que publica unha empresa desde o seu panel de AIM SHIELD, despois de demostrar por DNS que xestiona o seu dominio. Así sabes se a conta dunha factura é a que publicou quen xestiona o dominio que asina a mensaxe.
Quere dicir que a empresa é de fiar?
Non. Quere dicir que quen xestiona ese dominio publicou ese dato. Comproba sempre que o dominio é de verdade o do teu provedor ou o do teu banco: un estafador pode ter un parecido.
O meu provedor pídeme pagar a unha conta que non está no rexistro
Se o teu provedor marcou que esas son todas as súas contas, Comprobar avisarate. En calquera caso, un cambio de conta confírmase chamando ao número de sempre, nunca ao que vén na mensaxe.
Como publico os datos da miña empresa?
Desde o panel de empresa, gratis: verificas o teu dominio cun rexistro DNS e publicas as túas contas e teléfonos. Tardan 72 horas en verse e avisamos por correo os propietarios do panel de cada cambio.
Ensinades as contas enteiras?
Non. Ao buscar un dominio saen abreviadas. Unha conta completa só se confirma se a escribes ti enteira.